Ao utilizar YouTube, pasas a formar parte dunha comunidade de persoas de todo o mundo. Todas as novas e incribles funcións da comunidade de YouTube implican un certo nivel de confianza, que é respectada por millóns de usuarios. Confiamos en que ti tamén sexas responsable. Respectar as directrices que figuran a continuación axuda a que YouTube siga sendo divertido para todos.
É posible que non che guste todo o que ves en YouTube. Se consideras que un contido é inadecuado, utiliza a función de marcar como inadecuado para que o revise o noso persoal de YouTube, que está en garda de xeito ininterrompido e determina se os contidos vulneran as nosas Directrices da comunidade.
A continuación, expoñemos algunhas normas de sentido común que permiten evitar problemas. Debes tomalas en serio e memorizalas. Non tentes buscarlles outros sentidos nin atopar lagoas xurídicas; comprende as directrices e respecta o espírito co que se crearon.
En YouTube non ten cabida o contido pornográfico ou sexualmente explícito. Se o teu vídeo ten este tipo de contido, mesmo se é un vídeo de ti mesmo, non o publiques en YouTube. Ademais, ten en conta que traballamos estreitamente coas forzas de seguridade e denunciamos a explotación infantil. Máis información
Non publiques vídeos que inciten a outras persoas, especialmente nenos, a facer algo que poida provocarlles lesións graves. En función da súa gravidade, é posible que se quiten os vídeos nos que se mostren accións daniñas ou perigosas ou que se defina unha restrición de idade para velos. Máis información
Os nosos produtos son plataformas para a libre expresión. Non obstante, non admitimos contido que fomente ou xustifique a violencia sobre persoas ou grupos por motivos de raza, orixe étnica, relixión, discapacidade, sexo, idade, nacionalidade, condición de veterano ou orientación sexual/identidade de sexo. Tampouco permitimos material cuxa principal intención sexa a incitación ao odio en relación con estes aspectos. É unha cuestión que ás veces pode resultar delicada, pero se a principal intención é atacar un grupo protexido, o contido infrinxe as nosas políticas. Máis información
Non é adecuado publicar contido violento ou cruento dun xeito eminentemente ofensivo, sensacionalista ou gratuíto. Se publicas contido demasiado explícito no contexto dun documental ou de noticias, non esquezas dar información suficiente para que os espectadores comprendan o que está pasando no vídeo. Non incites outras persoas a levar a cabo actos violentos específicos. Máis información
Non é adecuado publicar vídeos nin comentarios ofensivos en YouTube. Nos casos en que o acoso se converta nun ataque malicioso, poderá denunciarse e retirarase o contido. Noutros casos, é posible que os usuarios resulten lixeiramente irritantes ou mesquiños e que simplemente deban ignorarse. Máis información
Todo o mundo odia o spam. Non crees descricións, etiquetas, títulos ou miniaturas enganosas para aumentar as visitas. Non está ben publicar grandes cantidades de contidos sen obxectivo específico, non desexados ou repetitivos, incluíndo comentarios e mensaxes privadas. Máis información
Tomamos moi en serio as seguintes condutas: comportamento agresivo, acoso, ameazas, intimidación, invasión da privacidade, revelación de información persoal doutros e incitación a que outros cometan actos violentos ou infrinxan as Condicións de uso. Se se descobre que alguén ten un dos comportamentos anteriores pode ser expulsado de xeito permanente de YouTube. Máis información
Respecta o copyright. Carga soamente vídeos que fixeses ou que esteas autorizado a utilizar. Isto implica que non debes cargar vídeos que non fixeses nin utilizar contido cuxo copyright pertenza a outra persoa, como pistas de música, fragmentos de programas con copyright ou vídeos realizados por outros usuarios, a menos que contes coas autorizacións necesarias. Visita o noso Centro de copyright para obter máis información. Máis información
Se algún usuario publicou, sen o teu consentimento, un vídeo no que saes ou información persoal túa, podes solicitar a retirada do contido de acordo coas nosas directrices de privacidade. Máis información
De acordo coa nosa política de suplantación de identidade, é posible que quitemos as contas creadas para suplantar a identidade doutra canle ou persoa. Máis información
Obtén información acerca do que debes facer se atopas contido non apropiado. Tamén debes ter en conta que traballamos estreitamente coas autoridades competentes e que informamos da explotación infantil. Máis información
Políticas adicionais nunha serie de temas. Máis información
Se o comportamento dun creador de YouTube dentro ou fóra da plataforma dana os nosos usuarios, a comunidade ou o ecosistema, podemos responder en función de varios factores, incluídos, entre outros: a magnitude da ofensa das súas accións e a existencia dun padrón de comportamento daniño.
A nosa resposta pode variar desde a suspensión dos privilexios do creador ata a cancelación da súa conta.
A túa seguranza é importante para nós. Obtén a continuación máis información sobre as ferramentas e recursos de YouTube e consellos sobre moitos outros temas.
A continuación indícanse algunhas ferramentas útiles e consellos para utilizar YouTube de xeito seguro. Máis información
Filtra contido potencialmente censurable que non queirades ver ti ou a túa familia. Máis información
Se estás pasando unha crise e necesitas falar con alguén, podes conseguir axuda de forma gratuíta e confidencial en Estados Unidos, chamando ao teléfono da rede nacional estadounidense de prevención do suicidio, National Suicide Prevention Lifeline: 1-888-628-9454 (atención en español) e 1-800-273-8255 (atención en inglés). Máis información
A continuación indícanse algúns recursos para que ti e os teus alumnos utilicedes Internet de xeito seguro. Máis información
Ferramentas e recursos para axudarche a xestionar a experiencia da túa familia en YouTube. Máis información
Obtén máis información útil e recursos para usuarios de YouTube. Máis información
Acceso rápido á configuración de privacidade e seguranza. Máis información
Información acerca das nosas políticas de eliminacións legais e do proceso para presentar reclamacións. Máis información
Obtén información acerca de como informar de contido en YouTube e sobre como aplicamos as Directrices da comunidade.
Cando, como e por que denunciar contido. Máis información
Envía un informe de denuncia aquí directamente. Máis información
Envía un informe de denuncia aquí directamente. Máis información
Se os vídeos ou comentarios do sitio incumpren a túa privacidade ou o sentimento de seguranza, infórmanos. Máis información
Cando marcar un vídeo como inadecuado non reflicte de xeito preciso a esencia do problema. Máis información
Ás veces, o vídeo non infrinxe as nosas directrices, pero é posible que non sexa adecuado para todos os usuarios, polo que se pode definir unha restrición de idade para velo. Máis información
Que son e como se xestionan. Máis información
As infraccións graves ou reiteradas das Directrices da comunidade poden derivar na cancelación da conta. Máis información
Que debes facer se recibes un toque de atención. Máis información