Atopa rapidamente as estatísticas e os vídeos que busques, así como as directrices sobre a súa publicación e os créditos.
Os propietarios das canles de YouTube controlan os dereitos do contido que se mostra no sitio. Invitámoste a poñerte en contacto directamente con eles se atopas un vídeo que queres mostrar ou ao que che gustaría facer referencia. Se mostras un vídeo de YouTube nunha emisión, tanto se é a través da web como por outros medios, indica de forma visual e verbal o nome de usuario ou o nome real do seu propietario.
Ao facer clic nun nome de usuario de YouTube accederás á páxina principal da súa canle. Desde alí, podes utilizar o sistema local de mensaxaría de YouTube para contactar co propietario da canle, sempre e cando inicies sesión na túa conta de Google previamente. Só tes que facer clic na pestana Acerca de, seleccionar Enviar mensaxe e completar o formulario dixital.
As consultas de prensa adicionais poden enviarse a press@google.com